Espectáculo “Radio Bulebule”

Imaxe
24 de Outubro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A cargo de Paco Nogueiras

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Vén vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

No salón de actos. 

Para público familiar.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.