Estampacontos creativo

Imaxe
31 de Maio 2024, 17:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Este obradoiro ten como finalidade estimular a creatividade das crianzas participantes a través da narrativa e da ilustración. Proporémoslle, partindo dun breve proceso creativo, que imaxinen unha historia ou conto para despois ilustrar as súas personaxes protagonistas a través da técnica de estampado con figuras xeométricas.

 

Data e hora: venres, 31 de maio, ás 17:00 horas.

Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 22 de maio ás 9:00 horas