"Están tolos estes romanos!!": aula didáctica de cultura clásica lucense

Imaxe
26 - 30 de Xuño 2023, 9:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de A nube de Artear

Esta aula didáctica de cultura clásica é un proxecto de educacion patrimonial e cultural que ofrece a realización dun programa de actividades didácticas e talleres relacionados co mundo clásico, facendo fincapé nos vestixios de Lucus Augusti e arredores.

As actividades programadas desenvólvense cubrindo diferentes eixos temáticos: arqueologia, historia, arte,... tratando os distintos temas dun modo lúdico e divertido, utilizando unha metodoloxía diferente á empregada na educación formal.

A través de xogos, dramatizacións, actividades lúdicas e talleres creativos, os máis pequenos coñecen e experimentan diferentes costume e aspectos da vida dos habitantes da antiga Lucus Augusti, á vez que se divirten e entreteñen dunha forma completamente diferente:

 - Como escribían e calculaban os nenos nas escolas.

 - Cuales eran as actividades cotiás dos membros da familia.

 - Que deuses e deusas, heroes e divindades menores veneraban ou que festas relixiosas celebraban na súa honra ao longo do ano.

 - A que xogaban os nenos e nenas no seu tempo libre, que outros xogos de azar gustaban a outras idades.

 - Coñecer o mundo dos artistas musivarios e a beleza e dificultade das súas creacións.

 - Descubrir os segredos da maxia e as supersticiones dos antigos habitantes de Lucus Augusti.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos (15 prazas)

Duración: de 9:30 a 14:00 h de luns a venres

Inscrición previa dende o luns 19 de xuño na sala infantil e no teléfono 982828329