Estrafalaria

Imaxe
03 de Xaneiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos con Xarope Tulú

Alicia collera por costume escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose.

Á meniña déralle por ler todo canto libro lle caía nas mans. A avoa dicía que as miñas amigas eran raras. Mais eu sempre pensei que iso de ser rara é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?

Dirixido a público de 3 a 8 anos de idade.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.