02 de Marzo 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de Ana Carreira
A sesión consta de dous contos nos que as súas protagonistas rebélanse ante o que a sociedade agarda delas:
- A rebelión das lavandeiras: Fartas de ser escravizadas polo dono da lavandería na que traballan, deciden rebelarse e fuxir. Así aprenderán a xogar, a rir, a decidir, a non deixar que as asusten e a percorrer o mundo en busca de liberdade.
- As princesas galiñas: Un príncipe chega a un castelo e descubre que as fillas do rei foron convertidas en galiñas por una bruxa que aínda anda entre elas tamén como pita. Cando se transforman de novo, o rei e príncipe decátanse de que xa non queren ser princesas que só pensan en poñerse guapas para buscar príncipes.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala