En homenaxe a Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas, Caxoto presenta un espectáculo que revisita os grandes mitos clásicos desde unha perspectiva feminista.
Con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado por terceiro ano consecutivo a unha muller, achegámonos á figura de Begoña Caamaño, autora comprometida coa defensa do papel da muller na sociedade e coa necesidade dunha mirada feminista sobre os relatos tradicionais.
O espectáculo “Eu tampouco navegar” revisita mitos clásicos, a mitoloxía grega e o ciclo artúrico desde unha perspectiva actual, crítica e chea de humor. A través da narración e da reflexión, propón pensar sobre a liberdade das mulleres para decidir e actuar por si mesmas.
Actividade aberta a todos os públicos.
Horario: 11:00h - 12:30h
Espazo: CEIP Valle-Inclán de Muíños (Mugueimes, Muíños)