Ex libris: estampa os teus libros

Imaxe
15 de Decembro 2025, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro con Árbore azul

Celebramos o Día da Edición - 17 de decembro - co obradoiro “Ex libris: estampa os teus libros” da man de Árbore azul.

Crearemos os nosos ex libris para marcar os nosos libros. Con gubias e pranchas de vinilo elaboraremos un ex libris irrepetible a partir de modelos ou deixando voar a nosa imaxinación.

Dirixido a persoas a partir de 16 anos de idade. Hai 20 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

No salón de actos da biblioteca. A duración aproximada do obradoiro é de 2 horas.