Extra!

Imaxe
04 de Abril 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil con Paco Nogueiras

Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil con Extra! de Paco Nogueiras. Espectáculo baseado no libro-cd do mesmo título editado por Kalandraka Editora, que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

 

Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.

As novas máis curiosas, sucesos especiais.

Os temas máis diversos podes coñecer,

os feitos máis recentes. Non os debes perder!

 

En Extra! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.