A fada do saco verde

Imaxe
11 de Maio 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Aida Cobas

Erea é unha fada diferente ao resto xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Pero un día todo cambia cando os seres do bosque técenlle un saco máxico no que pode gardar todo aquilo que manca o mundo e convértese así na fada do saco verde. 

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.