Exposición colectiva de persoas privadas de liberdade
No vestíbulo da biblioteca poderedes visitar a exposición colectiva " A frase que me libera" de persoas privadas de liberdade no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.
"A frase que me libera" propón un percorrido onde cada obra funciona como unha pequena apertura: unha invitación a mirar, sentir e recoñecer que a arte pode ser tamén unha forma de atravesar fronteiras invisibles.
Esta exposición é o produto dun proxecto onde se emprega a arte restaurativa como medio para promover a saúde emocional, a reconstrución persoal e a resolución de conflitos, fomentando a responsabilidade, a reflexión e a conexión coa comunidade. Aquí a arte serve como un medio non verbal para explorar sentimentos, experiencias traumáticas, conflitos persoais e relacións sociais.
A técnica empregada, a do marmorado, é unha técnica antiga que consiste en crear e formas e movementos de cor sobre a superficie da auga para posteriormente transferilos ao lenzo, papel... O resultado son composicións únicas, nas que as cores expándense, mestúranse e xeran patróns que lembran as veas do mármore ou a correntes da natureza.
Inauguración, xoves 16 de abril ás 13.00h.