26 de Outubro 2023, 18:00
Bebeconto con Ramiro Neira
Comezamos as sesión de contacontos na bebeteca este xoves con Ramiro Neira e "Glup"
Hai momentos para compartir ... ten que haber momentos para compartir!
Hai que levar aos nenos á garde, ir traballar, recollelos, facer merca, ir ao banco, ao médico, coller o teléfono, voltar á oficina, levalos ao parque ...
Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos gozar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno .. é o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense en historias, soños, contos ...
Actividade para bebes de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. As inscricións poden facerse dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386