A gran viaxe das Letras Galegas, até Begoña Caamaño

Imaxe
16 de Maio 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de A Xanela de Maxín

Unha viaxe máxica e emocionante a través da historia, da lingua e da cultura galega.

A gran viaxe das Letras Galegas leva ao público por un camiño cheo de palabras, sons e lembranzas a través de distintas épocas, autoras e autores.

Espectáculo que convida ao público a embarcarse nunha travesía única, onde as palabras non son só sons, senón que se converten en pontes entre pasados distantes e presentes próximos, entre o corazón e a memoria.

Comezando con Begoña Caamaño e as voces contemporáneas, retrocederemos ata Rosalía de Castro e os primeiros textos escritos en galego.

Unha celebración da nosa lingua e do poder transformador das letras: un fío condutor que une xeracións, preserva a memoria colectiva e nos axuda a soñar un futuro en galego.

Para nenos/as  a partir de 4 anos (Familiar)

Duración: 40 minutos

Hora: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)