15 de Xuño - 16 de Setembro 2023, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil
Chegan as vacacións de verán e os días son tan longos que temos tempo de sobra para xogar, descansar e, sobre todo, para coller un libro e descubrir novas aventuras, coñecer novos personaxes, escachar coa risa e divertirnos.
Na Biblioteca Pública Ánxel Casal fixemos unha selección de libros e películas imprescindibles para todos os que queiran desfrutar de historias que nos achegan tanto á praia, como á montaña ou mesmo á cidade.
Esta mostra pode visitarse na sala infantil do 15 de xuño ao 16 de setembro no horario de apertura da biblioteca.