Actividade a cargo de Kids&Us
Sam é un peque que está a celebrar o seu terceiro aniversario e, de súpeto, dáse conta de que xa é un “big, big boy”. Fíxose maior! Agora pode facer moitas cousas el soíño: vestirse, comer, ir durmir e mesmo ir ao baño. Nesta actividade celebraremos xunto a el este día tan especial. Contaremos as candeas da súa torta (unha torta de xoguete!), cantaremos o “Happy Birthday”, darémoslle o seu agasallo e gozaremos dunha festa chea de ilusión e alegría.
Público infantil de 3 a 5 anos
Duración: 40 minutos
10 prazas
Inscrición previa a partir do 4 de marzo a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.