16 de Outubro 2026, 17:30
A cargo de Kids&Us
En Happy Birthday Sam!, celebraremos os 3 aniños de Sam, que xa se fai maior e aprende a facer cousas el soíño. Prepararémonos para a súa gran festa, entregarémoslle o seu agasallo e sopraremos xuntos as candeas da torta.
Vinde celebrar con Sam e soprar as candeas xuntos en inglés!
Público infantil de 3 e 4 anos con persoa adulta acompañante
Duración: 40 minutos
10 prazas
Inscrición previa a partir do 8 de outubro ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.