Historias de Samaín

Imaxe
31 de Outubro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A cargo de ANIAS

Desfrutaremos dun contacontos abraiante para despois facerlles aos nenos e nenas que asistan diferentes deseños de maquillaxe e caracterización relacionados coa narración para celebrar o Samaín.

No salón de actos.

Para 15 nenas e nenos de 4 a 8 anos.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.