19 de Setembro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos con Fran Ameijeiras
A cadeliña Becki, desde a súa biblioteca onde pasa tanto tempo lendo e escribindo, cóntanos historias que foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo.
Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas. E con ela cantamos e bailamos, para celebrar o respecto e a felicidade.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.