Bases
I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS
1. TEMA E FINALIDADE:
Co título do concurso “Un instante singular” e, facendo referencia ao magnífico Cartier Bresson, animamos a todas as persoas interesadas na fotografía para captar eses momentos únicos que nos cativan e que adoitan permanecer escondidos, pasando desapercibidos na nosa veloz vida cotiá.
A idea é ollar a nosa realidade de forma lenta, permitíndonos percibir o detalle, o insólito, o curioso, o pequeno ou o grande, o que pasa desapercibido ou o que nos asombra, o que sucede ao noso arredor, o que acontece e que, por fugaz, poucas veces apreciamos: A REALIDADE.
2. A QUÉN VAI DIRIXIDO:
Para público en xeral
3. REQUISITOS:
Ser maior de idade, galego/a ou residente en Galicia.
Non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital.
As obras deben de ser orixinais, inéditas e recentes. As fotografías non deberán ter sido presentadas con anterioridade nin ter sido premiadas noutras convocatorias. A difusión e/ou reprodución no marco do concurso non poderá lesionar a terceiros, asumindo persoalmente o autor ou autora calquera responsabilidade que puidese derivarse.
A participación presupón que os/as autores/as son os titulares dos dereitos de propiedade intelectual sobre as obras presentadas ao concurso e non cederon os dereitos destas a terceiros e ostentan en exclusividade os dereitos de autoría da imaxe, polo que queda eximida a organización do concurso de calquera conflito de publicación ou utilización das obras presentadas e dos que puidesen derivarse.
4. FORMA DE PRESENTACIÓN:
As obras presentadas deben gardar o anonimato do seu autor/a e presentaranse baixo pseudónimo identificativo.
Deberásn presentarse montadas sobre paspartú ou soporte ríxido de calidade que permita a adecuada exposición da fotografía en caso de selección.
Formato 20x27 cm ou 20x30 cm. branco e negro ou cor.
Pola parte traseira da imaxe deberaeá facer constar: pseudónimo, título da obra, lugar e data de realización, así como técnica empregada.
Acompañaaseá a fotografía cun sobre pechado identificado co pseudónimo que incluirá:
-
Unha declaración asinada conforme a aceptación das presentes bases, de que a obra que se presenta a concurso é inédita e non foi premiada e que o autor ou autora ten, directa ou indirectamente, a libre disposición de todos os dereitos de explotación nas súas diferentes modalidades sobre a obra.
-
Declaración de que a difusión e/ou reprodución da obra presentada non lesiona a terceiros, asumindo persoalmente calquera responsabilidade que puidese derivarse.
-
Declaración xurada consonte se está ao corrente das obrigacións tributarias coa Axencia estatal de Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social.
-
Datos persoais do autor/a: Nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto e correo electrónico.
5. LUGAR E PROCEDEMENTO DE ENTREGA:
Os traballos deberán presentarse na Biblioteca Pública Provincial de Lugo persoalmente, por un familiar en segundo grao ou por correo certificado en sobre pechado no que se deberá presentar toda a documentación citada na base anterior, facendo constar no remitente o pseudónimo empregado e na parte dianteira do sobre:
I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS. Biblioteca Pública de Lugo. Av. Ramón Ferreiro, 23. 27002 LUGO.
6. PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de traballos comezará o 1 de Xuño e estará aberto ata o 27 de Setembro de 2024.
7. PREMIOS:
Establécense os seguintes premios:
Primeiro premio: 2000 €
Dous premios de: 300 €
As fotografías premiadas pasarán a formar parte da colección Certame de fotografía Kósima Llamas.
8. XURADO:
A presidencia do xurado será asumida pola propia Kósima ou persoa na que delegue. A composición do xurado será a seguinte:
Dña. Pilar Llamas González
Dña. Marianela Fernández Fernández
Dña. Blanca García Montenegro
D. José Tejero Fernández
D. Adra Pallón
Dña. Itziar Ezquieta
Ao xurado correspóndelle deliberar, estimar e avaliar os traballos. A súa decisión será inapelábel, podendo declarar deserto algún premio ou todos, así como conceder algún accésit.
O xurado terá absoluta competencia para resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases con absoluta autoridade.
9. DEREITOS DE AUTORÍA:
As obras gañadoras quedarán en propiedade da organización do concurso. Os/as gañadores/as cederán expresamente en exclusiva os dereitos de propiedade intelectual transmisibles da obra premiada, en especial os dereitos de explotación, incluíndo reprodución, comunicación pública e transformación. Para todo o mundo e no prazo máximo permitido pola normativa aplicable.
Neste sentido os autores/as renuncian, a favor da organización, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autoría.
A organización poderá facer uso das imaxes para difusión e divulgación do premio, facendo constar a autoría das obras e que son fotografías gañadoras do I CONCURSO FOTOGRÁFICO KÓSIMA LLAMAS.
10. EXPOSICIÓN E DEVOLUCIÓN DE OBRA:
Realizarase unha exposición cos traballos premiados e seleccionados na Biblioteca Pública Provincial de Lugo durante o mes de novembro. Transcorridos quince días desde clausúra da mostra aquelas fotografías que non fosen retiradas quedarán ao dispor da organización.
11. RESOLUCIÓN E ENTREGA DE PREMIOS:
A resolución do xurado farase pública nun prazo máximo de dous meses desde o final de prazo.
Os /as autores/as premiados/as comprométense a estar presentes no acto de entrega de premios.
12. ACEPTACIÓN DAS BASES E CÓDIGO ÉTICO:
A participación ao concurso supón a total aceptación destas bases. A organización estará facultada para dirimir calquera eventualidade non prevista e terá capacidade de interpretación a cuantos efectos proceda.
As fotografías non deberán vulnerar os dereitos das persoas á intimidade e á súa propia imaxe.
As fotografías con persoas identificabeis deberán ir acompañadas dunha carta asinada polas devanditas persoas autorizando o uso da súa imaxe ou na súa falta o autor ou autora da fotografía asume calquera tipo de responsabilidade con respecto a este tema.