Imaxes rosalianas: poemas e artes figurativas

Imaxe
22 de Febreiro - 15 de Marzo 2024, 9:00 - 20:30
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Exposición con paneis divulgativos

Qué reposo! ¡Qué luz...! ¡Qué garruleiro

brando cantar dos váreos paxariños

cando ó salir do sol polo quinteiro

douraba fontes, lagos e campiños!

¡Qué libre respirar...! ¡Qué placenteiro

ir e vir dos cabirtos xuntadiños!

¡Qué frescas, qué polidas, qué galanas

iban co gando as feitas aldeanas!

Os poemas de Rosalía de Castro evocan moitos lugares, paisaxes e situacións que son moi recoñecibles nas artes figurativas anteriores e posteriores á obra da poeta. Nesta exposición queremos poñer en correspondencia algúns dos poemas máis senlleiros da autora con imaxes de artes visuais como a pintura, a fotografía ou o cine.

Imaxe: Paisaxe con río, Ovidio Murguía de Castro, 1896 (Colección de arte ABANCA)