21 de Decembro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro a cargo de ANIAS
O lettering e unha actividade que consiste na arte de debuxar as letras, mesturando creativamente diferentes tipografías para conseguir unha obra visualmente atractiva. Esta obra pode ser adornada con outros debuxos ou ornamentos complementarios dando renda solta á imaxinación de cada unha.
Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. Hai 15 prazas dispoñibles.
No salón de actos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.