29 de Outubro 2026, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Espectáculo de narración oral da man de Ítaca Teatro
Espectáculo baseado no libro do mesmo título de Manuel Núñez Singala (Ed. Galaxia). Escolma de historias que falan de nós como seres humanos imperfectos. Na proposta conviven a bondade coa mesquindade, o éxito co fracaso, o fortuíto co intencionado, o real co imaxinado, nunha serie de retratos debuxados con humor e retranca.
No salón de actos. Para público xuvenil e adulto. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.