14 de Novembro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Espectáculo da man de A Xanela do Maxín
Espectáculo participativo, divertido e didáctico deseñado para estimular a creatividade e a curiosidade do público. A actividade inclúe retos e desafíos que nos fan pensar e é unha homenaxe ao papel das mulleres no avance científico, ao tempo que fomentamos o espírito de investigación e innovación no público.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.