31 de Outubro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Neste obradoiro a rapazada creará unhas gafas 3D dende 0 que lle permitirá descifrar mensaxes ocultas entre un galimatías de letras sen sentido. Durante o proceso os nenos e nenas aprenderán cal é a ciencia que está detrás deste efecto óptico. Posteriormente poderán crear as súas propias mensaxes e debuxos ocultos e ver se os demais son quen de descifralos.
Data e hora: venres 31 de outubro ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos.
Inscrición previa na web da biblioteca a partir das 9:00h do mércores 22 de outubro.