IV Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer

Imaxe
17 de Setembro 2025, 11:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A Biblioteca Ánxel Casal acollerá o acto de entrega do IV Premio Simbad de Literatura Infantil

O vindeiro mércores 17 de setembro ás 11:00 horas, celebrarase no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal o Acto de Entrega do IV Premio Simbad, organizado por AGADEA Alzhéimer e coa colaboración da Xunta de Galicia.

O Premio Simbad recoñece cada ano a mellor obra de literatura infantil vinculada á memoria e ao alzhéimer. Durante o acto darase a coñecer a obra gañadora desta cuarta edición, que será presentada publicamente e da que se lerá un fragmento.

A xornada contará coa participación de representantes do ámbito cultural e institucional, así como cunha actuación musical, nun encontro pensado para lembrar, crear e compartir.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.