Lecturas que danzan. Bailarinas antifascistas

Imaxe
21 de Febreiro 2024, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Con Branca Novoneyra e Isabel Cuesta

Porque cada ano desaparecen espectadores das programacións de artes escénicas, Branca Novoneyra e Isabel Cuesta decidiron organizar este ciclo de lecturas na biblioteca para divulgar a arte do movemento entre persoas interesadas na lectura e na danza.

Isabel Cuesta é coreógrafa e xornalista. O seu libro El cuerpo que compone gañou o Premio de Investigación en Danza de la Secretaría de Cultura de Bogotá (Colombia). 

Branca Novoneyra é autora do primeiro libro escrito en lingua galega sobre a danza contemporánea Unha introdución á danza contemporánea. A nova danza galega (2012). Como coreógrafa relacionou poesía e danza e no eido da educación artística mantivo o Laboratorio de Movementos, un estudio dedicado á pedagoxía da danza en Santiago de Compostela no que impartiu aulas xunto a Bárbara Monteagudo, Mónica García ou Kirenia Martínez, entre outras bailarinas e pedagogas. 

Durante catro sesións empregarán documentos textuais e visuais para convocar a presenza da danza na biblioteca. Lerán textos escollidos que relacionan a arte viva conectada con diferentes manifestacións de diversos eidos como son o activismo, a saúde, a filosofía e a espiritualidade. 

As sesións terán lugar os mércores 21 e 28 de febreiro e o 13 e o 20 de marzo.

Nesta primeira sesión, Bailarinas antifascistas, a través da interpretación de materiais fotográficos de arquivo, descubriremos as implicacións que mantiveron na loita antifascista sete mulleres que danzaron e loitaron a prol do bando republicano na Guerra Civil Española. As bailarinas antifascistas son: Isadora Duncan, Antonia Mercé, Evelyn Hutchins, Juanita Montenegro, Helen Tamiris e Carmen Amaya.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.