02 de Maio - 14 de Xuño 2023, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil
Desde o ano 1963 celebramos cada 17 de maio o día das Letras Galegas grazas a tres membros da Real Academia Galega. Un deses membros foi Francisco Fernández del Riego e este ano 2023 está adicado a súa figura.
Nesta mostra bibliográfica seleccionamos libros infantís escritos por autoras e autores homenaxeados neste día así como biografías que nos achegan ás figuras da cultura galega e a todas as súas fazañas.
Esta escolma de libros infantís pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca do 2 de maio ao 14 de xuño.