Levántate Xan

Imaxe
02 de Febreiro 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Caxoto

É noite na granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar dándolle permiso ao Sol para que apareza destrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta… Non será que Xan se esqueceu de darlle a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?

Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan.

Para nenos e nenas de 0 a 3 anos (15 prazas)

Duración: 35 minutos

Ludoteca

Inscripción previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329