Limón

Imaxe
05 de Xuño 2026, 17:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Contos para bebés

Divertida sesión de contos na que se integran cancións, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para gozar en familia.

Un fermoso xeito de coñecer e valorar a literatura infantil dende os primeiros anos de vida.

Data e hora: venres 5 de xuño ás 17.00 h.

Público destinatario: bebés (de 0 a 3 anos) acompañados de ata dous adultos

Inscrición previa na web da biblioteca  a partir do 27 de maio ás 09.00 h.