26 de Abril 2025, 12:00
Por Trinketrinke teatro
Nas festas de Lonxedetodo os ratos comen, cantan, bailan e por suposto contan contos; algúns de autores da nosa época e outros de tradición oral, que son aqueles que foron pasando de pais a fillos durantes séculos. Nunca falla un conto do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Salón de actos.
Publico familiar a partir de 3 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.