Ludoteca de verán

Imaxe
25 de Xuño - 09 de Setembro 2024, 8:30 - 14:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Nenas e nenos de 4 a 12 anos

Ludoteca de verán gratuíta para nenas e nenos de 4 a 12 anos na Biblioteca. Nenas e nenos contarán cun espazo socio-educativo infantil (ludoteca) no que experimentarán con xogos populares, cooperativos e predeportivos, guiados por dous monitores.

De luns a venres de 8:30 a 14:00 h.

18 prazas por quenda. As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición. Pódense seleccionar todas as quendas que se desexen.

Prazo de inscrición aberto do 5 ao 12 de xuño a través do formulario da páxina web da biblioteca.

Comunicación da adxudicación de prazas: 14 de xuño a través de chamada ao número de teléfono indicado na solicitude.

Quenda 1 - Do 25 de xuño ao 5 de xullo

Quenda 2 - Do 8 ao 19 de xullo

Quenda 3 - Do 22 de xullo ao 2 de agosto

Quenda 4 - Do 5 ao 16 de agosto

Quenda 5 - Do 19 ao 30 de agosto

Quenda 6 - Do 2 ao 9 de setembro

Máis información a través do correo electrónico: bpc [at] xunta.gal (bpc[at]xunta[dot]gal)

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables. É executada pola Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).