Mañás poéticas

Imaxe
28 de Xaneiro 2026, 10:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Sobre a obra de Emily Brönte

Outra sesión das Mañás poéticas, actividade coordinada por Carlos Arias, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para achegar a poesía ás persoas interesadas.

Nestas sesións, que terán lugar os últimos mércores do mes, farase unha lectura libre de textos dunha poeta e un diálogo aberto sobre as impresións da lectura. O mércores 28 de xaneiro será sobre Emily Brönte. Para completar esta sesión, intentaremos establecer un pequeno diálogo entre tres épocas e tres sensibilidades moi distintas: Emily Brönte, Teresa de Ávila e Ausiàs March.

Na sala de traballo A do terceiro andar. A entrada é libre ata un máximo de 15 participantes