Arredor da obra de Nieves Neira
Nova sesión das Mañás poéticas, unha lectura aberta e libre de textos de diferentes autoras e autores, que no mes de abril adicamos á xornalista e poeta Nieves Neira.
Nieves Neira Roca publica desde hai anos textos poéticos e críticos en distintos medios pero, sobre todo, é recoñecida polo seu traballo periodístico. Como autora, deuse a coñecer con O feitizo de Maruja Roca, un asombroso libro sobre a súa tía avoa, unha fotógrafa do Becerreá da posguerra. Colaborou con Carla Andrade en Geometría de ecos e Cando os ollos non bastan, con Sabela Mendoza en Dedicatoria e con Luis López Alonso en Salífero-Opus4. Coa asociación luguesa 3 Monos organiza o festival Cartografía en movemento desde hai 13 anos.
Actualmente escribe unha tese sobre Uxío Novoneyra, poeta de referencia familiar e vital co que está profundamente vencellada. De feito, é unha das máis estreitas colaboradoras da Fundación que coida o legado do escritor no Courel.
Na sala de traballo A do terceiro andar. A entrada é libre ata un máximo de 15 participantes.