Arredor da obra de Ana Ajmátova
Nova sesión das Mañás poéticas, unha lectura aberta e libre de textos de diferentes autoras e autores, que no mes de maio dedicamos á poeta rusa Ana Ajmátova.
A vida de Ana Ajmátova coincide en moitos aspectos coa dos escritores e artistas rusos nos lúgubres tempos do “socialismo real”. Fustrigada, perseguida e deportada, viviu as sanguentas ditaduras de Lenin e de Stalin. O seu primeiro esposo, pai do seu único fillo, o poeta Nikolái Gumiliov, morreu fusilado polos bolxeviques. O derradeiro, o historiador da arte Nikolai Punin, finou de esgotamento nun campo de concentración. A seu fillo, Lev Gumiliov, apreixárono e ela tivo que ir cada día fronte da prisión de Leningrado para saber del. A ditadura obrigouna a queimar os seus cadernos coa súa obra para impedir que os verdugos de Stalin o fusilasen.
Proscribiuse a súa poesía e, no medio daquel réxime gris e homicida, sostívose con valor.
(Tomado de Aquiles Julián, Réquiem y otros poemas de Ana Ajmátova)
Na sala de traballo A do terceiro andar. A entrada é libre ata un máximo de 15 participantes.