Manual para deitarse e... durmir. Caxoto

Imaxe
05 de Febreiro 2026, 17:30 - 18:15
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.

Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gaña. Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, fantasiar coas sombras da escuridade... convértense cada noite en aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.

Neste espectáculo Caxoto regresa a estes intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas e así gozar dunha viaxe á nosa nenez da man das nosas crianzas.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.