Materia poética coruñesa

Imaxe
30 de Maio 2024, 19:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Un achegamento ao último Premio Nacional de Poesía de Yolanda Castaño

Dende unha breve lembranza á compañeira e amiga poeta á que este ano se dedican as Letras Galegas –Luisa Villalta– Yolanda Castaño achegaranos as claves da súa traxectoria literaria recente. A autora que trouxo o último Premio Nacional de Poesía para A Coruña ofreceranos un paseo guiado polos poemas de "Materia", desvelando motivos, lecturas e debates que o texto abre.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Salón de actos