As palabras tamén fan maxia... Atréveste a descubrilo?
Un espectáculo de maxia para descubrir o poder das palabras
Da man do mago Javier Muro, gozaremos dun espectáculo participativo onde as palabras, as letras e os libros se converterán nos auténticos protagonistas.
A través de sorprendentes xogos de maxia, as persoas asistentes descubrirán a relación entre as letras, as palabras e a lectura dunha maneira divertida, dinámica e chea de ilusión.
Durante a actividade, o público tamén se converterá en magos e magas improvisadas, participando en diferentes xogos nos que a maxia e a linguaxe se unen para espertar a curiosidade e o gusto pola lectura.
Actividade aberta a todos os públicos.
Duración: 50 min. aprox.
Horario: 11:00h
Espazo: Edificio Multiusos (Leirado, Quintela de Leirado)