11 de Novembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Sesión de divulgación científica con Ciencia Kids
Coa realización de diversos experimentos búscase proporcionarlles ás nenas e nenos asistentes unha base de pensamento lóxico dedutivo.
O obxectivo é espertar o seu interese pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade. Demostrarase que os fenómenos naturais poden parecer máxicos e asombrarnos, ata que os observamos, descubrimos e explicamos. Ese é o inicio da actividade científica.
No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.