Melisa perdeuse

Imaxe
09 de Maio 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Celebramos o Mes das Abellas e das Flores con este contacontos da Compañía Garabullo.

Melisa, unha pequena abelliña, pérdese no bosque cando desaparece o sol. Na súa viaxe, recibe a axuda de distintos animais e, grazas á luz dun vagalume, consegue atopar o camiño de volta á súa colmea e regresar ao fogar. Con ilustracións en directo de Helder Rodrigues.

Despois do conto, realizaremos un obradoiro de chapas e as nenas e nenos poderán deseñar as súas propias creacións inspiradas na historia de Melisa.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 4 a 10 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas)