16 de Maio 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Servando Barreiro
Mitos, lendas e cantigas é un espectáculo de narración oral e música en directo inspirado na obra de Begoña Caamaño, que revisita a mitoloxía clásica dende unha perspectiva feminina. A través de romances, cantigas e palabra contada, recupera figuras como Circe, Penélope ou Morgana, poñendo en valor o papel das mulleres no mito e na tradición oral. Unha proposta para público familiar que combina patrimonio, creación contemporánea e igualdade.
Duración: 45 minutos.
Idade: de 4 a 12 anos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.