Música e contos en inglés

Imaxe
12 de Xaneiro 2024, 17:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Os nenos e nenas participantes terán a oportunidade de compartir a experiencia dun obradoiro interactivo que os animará a falar en inglés e aprender palabras novas dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral dun conto con imaxes e música. Remataremos a sesión cun pequeno obradoiro relacionado co conto.

Público destinatario: infantil, de 4 a 7 anos.

Data e hora: venres 12 de xaneiro ás 17 horas

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 3 de xaneiro ás 9:00 horas