A nena e os tres osos

Imaxe
01 de Marzo 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

“A nena e os tres osos” é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos!

Os tres osos: oso grande, oso mediano e oso pequeno vivían no bosque e todos os días facían o mesmo: almorzaban e, ao rematar, daban un paseo cantando e xogando. Pero aquela mañá as papas estaban moi quentes e decidiron pasear primeiro e almorzar despois… Deste xeito comeza a aventura da nena e os tres osos!

Data e hora: venres, 1 de marzo ás 18:00 horas

Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos

Sen inscrición previa, ata completar o aforo da sala