26 - 27 de Decembro 2024, 11:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Achegaremos o personaxe do apalpador cun pequeno conto para introducir a actividade a aqueles e aquelas que non o coñezan. Empregando materiais sinxelos construirán cadanseu monicreque de luva. Un xeito de promoción cultural (persoaxe tradicional), estimulación da creatividade (habilidades manuais novas) e promoción da lectura.
Diversión, aprendizaxe e socialización a través da arte. Alguén da máis?
Data e hora: mércores 26 e xoves 27 de decembro ás 11.00 h.
Público destinatario: infantil, de 7 a 12 anos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 17 de decembro ás 9.00 h