17 de Febreiro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos con Bea Iglesias
Un conto que nos mostra a importancia de expresarnos a través da arte e a non renunciar aos soños cando nos encontramos con obstáculos.
A perseverancia, o traballo e a paciencia axudarannos a chegar a tocar as estrelas.
Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.