O berce das verbas

Imaxe
11 de Abril 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bebeconto con Caxoto

Tódalas noites a avoa Sara subía á habitación do seu neto máis cativo, sentada na súa cama e facía dúas cousas: contáballe un conto e despois cantáballe unha cantiga. Cos primeiros compases daquela cantiga o seu neto máis cativo, Caxoto, quedaba durmido como un tronco cada noite. 

Actividade para nenas e nenos de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. Inscricións dende o venres anterior á actividade nos números de teléfono 988 788385/ 386 .