05 de Decembro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Contacontos e obradoiro
A historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Un día de moito traballo o forno de Antón estoupou, por iso a pasteleira Tomasa convidouno a asar mazás no seu forno. Cando Antón probou esas mazás asadas cubertas con tanto caramelo, da emoción, deulle un mareo, berrou, saltou, e ao cabo dun pouco: POM! O cociñeiro Antón esnafrou, e caeu no chan escarranchado, retorto e petrificado.
Data e hora. 5 de decembro ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos
Sen inscrición, entrada libre ata completar a capacidade da sala