26 de Setembro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos en galego e portugués da man de Iago López
Celebramos o Día Europeo das Linguas con este contacontos.
Hoxe no castelo andan de celebración! O rei está de aniversario!! E o cociñeiro Martiño pensa facerlle a súa mellor torta, unha torta de cenorias!!, pero… cando Martiño sae a buscalas… onde están?? Desapareceron!!
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.