O Coelliño branco

Imaxe
21 de Outubro 2023, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Trinketrinke teatro

A Gran Lilí Gruyére atopou, diante dun teatro no que viña de actuar, un coelliño branco. Adoptouno como mascota e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse de que era o protagonista dun conto e tamén de que traballara moitos anos como axudante dun mago. Aproveitarán a visita á biblioteca para amosarnos o seu gran espectáculo de maxia a dúo!

Público infantil a partir de 3 anos

Lugar: salón de actos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala