Charla de Xesús Vázquez Méndez
Celebramos o Día da Filosofía con esta charla do profesor Xesús Vázquez Méndez, que trata o tema das relacións entre filosofía e política, tan antigo como a filosofía mesma.
Os grandes pensadores gregos, Platón e Aristóteles, trazaron un marco de reflexión que, dalgunha maneira, condicionará o desenvolvemento histórico desta cuestión. Este influxo terá no século XX un dos seus últimos epígonos no sorprendente caso do filósofo alemán Heidegger e as súas relacións co nacionalsocialismo.
Como explicar que o filósofo, ao que se lle supoñen unhas calidades intelectuais indiscutibles, puidese vincularse cun movemento político equiparable a un “mal absoluto”? Esta charla ten como propósito expoñer, a modo de introdución, as liñas xerais desta controversia.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.