O máxico desafío das casas

Imaxe
26 de Xuño 2023, 11:30
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Concurso sobre as novelas de JK Rowling

Os participantes serán divididos en catro equipos diferentes,  cada un destes equipos representará a  cada unha das casas do colexio Hogwarts. A continuación, o coordinador da actividade lerá ós participantes unha serie de preguntas que terán que responder, acumulando un certo numero de puntos dependendo do grao de dificultade da pregunta acertada (muggle, alumno, mago e auror).

O equipo que logre acumular máis puntos para a súa casa será o gañador da actividade e conseguirá un fantástico premio.

-Data e hora: luns, 26 de xuño de 11:30 a 13 h.

-Público destinatario: Todos os públicos, a  partir de 11 anos

- Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 15 de xuño á 9:00 h.