O monicreque do conto

Imaxe
01 - 05 de Xullo 2024, 11:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Obradoiro de monicreques

Partindo da personaxe dun conto e empregando materiais sinxelos cada particicipante construirá o seu monicreque. Aprenderán a facer monicreques de luva como ferramenta de promoción da lectura, fomento do emprego da língua e estimulación da creatividade.

Diversión, aprendizaxe e socialización a través da arte. Alguén da máis?

 

Público destinatario: infantil de 7 a 12 anos

Data e hora: do 1 ao 5 de xullo de 11:00 a 12:30

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 19 de xuño ás 9:00